Experiencias culturais en Santiago
Descubrir Santiago dende outra mirada
Ademáis do traballo habitual con grupos, creo e desenvolvo experiencias culturais en Santiago de Compostela que propoñen una forma diferente de percorrer a cidade: camiñar, observar e experimentar o territorio dende unha perspectiva máis atenta.
Cada percorrido parte do patrimonio, a historia e os símbolos de Santiago para explorar temas presentes tamén hoxe, como o cambio, a percepción ou a forma en que interpretamos a realidade.
As experiencias combinan interpretación cultural, narrativa e participación do grupo, integrando o movemento, a observación e a escoita como parte do percorrido.

Ideas Peregrinas
O cambio constrúese paso a paso
Experiencia inspirada no Camiño de Santiago como metáfora do cambio.
Traballo sobre adaptación, toma de decisións e aprendizaxe progresivo.

Ideal para
Empresas · Equipos · Innovación · Desenvolvemento de talento

A Moura
Mitos e formas de interpretar o descoñecido
Experiencia basada no imaxinario galego (mouras, meigas, relatos).
Explora o medo, os relatos colectivos e o patrimonio inmaterial.

Ideal para
Programas culturais · Institucións · Asociacións · Grupos

A mirada atlántica
A forma de mirar transforma o que vemos
Experiencia centrada na observación y percepción do entorno.
Traballo sobre creatividade, atención e cambio de perspectiva.

Ideal para
Equipos · Programas culturais · Creatividade · Benestar
¿Para quén?
As experiencias poden adaptarse a diferentes grupos e contextos:
- Empresas e programas de team building cultural
- Congresos e encontros profesionais
- Asociacións e viaxes culturais
- Universidades e programas internacionais
- Residentes e público cultural local
Duración
Duración habitual: 1,30h – 3h.
Formato flexible adaptable a programas culturais, congresos, viaxes de incentivo e actividades de grupo.
Formato
Experiencias privadasPara empresas, organizacións e grupos que buscan unha actividade adaptada ás súas necesidades, datas e obxetivos.
Experiencias abertasProgramación puntual para público xeral, especialmente en temporada baixa e con reserva previa.
Camiñar. Observar. Descubrir
Cada experiencia é unha invitación a baixar o ritmo, prestar atención e deixar que Santiago conte algo que quizáis ainda no viramos..