Servizos turísticos en Galicia
Acompañamento cultural de grupos
Desenvolvo servizos culturais como guía oficial de turismo, colaborando con axencias de viaxes, turoperadores, empresas, institucións e organizadores de eventos en distintos contextos profesionais.
Traballo habitualmente en programas organizados, circuitos culturais, operativa de cruceiros e actividades vinculadas a congresos, viaxes de incentivo e encontros profesionais (MICE), adaptándome á operativa, os tempos e os obxetivos de cada cliente.

Circuitos culturais
e programas de varios días
Acompañamento en circuitos culturais, itinerarios de varios días e programas organizados, con coñecemento do territorio e adaptación a cada percorrido.


Operativa de cruceiros
excursións en destino
Servizos de guía para operativa de cruceiros e excursións en Galicia, coordinados con axencias, operadores e equipos responsables de cada grupo.

Santiago de Compostela e máis
Traballo en entornos naturais e sendeiros como marco para a reflexión, a cohesión de grupo e a conexión co territorio.
¿Para quén traballo?
Colaboración habitual en distintos entornos profesionais:
Empresas, congresos e incentivos
Programas culturais integrados en eventos, encontros profesionais e viaxes de incentivo.
Axencias e turoperadores
Desenvolvemento de servizos para grupos organizados en programas nacionais e internacionais.
Institucións e organizacións
Actividades culturais vinculadas ó territorio e á programación institucional.
Centros educativos
Propostas adaptadas a distintos niveis formativos.

Unha guía adaptada a cada proxecto
Guía oficial habilitada en Galicia, con experiencia en grupos organizados, cruceiros e programas culturais.
Especialización e coñecemento cercano de Galicia, con dispoñibilidade para itinerarios e programas en outros destinos.
Adaptación a horarios, percorridos, tamaños de grupo, necesidades do cliente e coordinación con outros profesionais.
Servizos en galego, castelán, inglés e francés, con experiencia en grupos internacionais e contextos multiculturais.

Dispoñibilidade e reservas
Se tes un grupo, circuito ou proxecto cultural en Galicia, cóntame a túa proposta.
Traballaremos o servizo en función das datas, o tipo de grupo e as necesidades deo programa.
