Experiencias culturais en Santiago

Descubrir Santiago dende outra mirada

Ademáis do traballo habitual con grupos, creo e desenvolvo experiencias culturais en Santiago de Compostela que propoñen una forma diferente de percorrer a cidade: camiñar, observar e experimentar o territorio dende unha perspectiva máis atenta.

Cada percorrido parte do patrimonio, a historia e os símbolos de Santiago para explorar temas presentes tamén hoxe, como o cambio, a percepción ou a forma en que interpretamos a realidade.

As experiencias combinan interpretación cultural, narrativa e participación do grupo, integrando o movemento, a observación e a escoita como parte do percorrido.

camino santiago

Ideas Peregrinas

O cambio constrúese paso a paso

Experiencia inspirada no Camiño de Santiago como metáfora do cambio.
Traballo sobre adaptación, toma de decisións e aprendizaxe progresivo. 

camino de santiago

Ideal para

Empresas · Equipos · Innovación · Desenvolvemento de talento

la moura

A Moura

Mitos e formas de interpretar o descoñecido

Experiencia basada no imaxinario galego (mouras, meigas, relatos).
Explora o medo, os relatos colectivos e o patrimonio inmaterial.

moura

Ideal para

Programas culturais · Institucións · Asociacións · Grupos

costa atlantica

A mirada atlántica

A forma de mirar transforma o que vemos

Experiencia centrada na observación y percepción do entorno.
Traballo sobre creatividade, atención e cambio de perspectiva. 

atlantico

Ideal para

Equipos · Programas culturais · Creatividade · Benestar

¿Para quén?

As experiencias poden adaptarse a diferentes grupos e contextos:

Duración

Duración habitual: 1,30h – 3h.

Formato flexible adaptable a programas culturais, congresos, viaxes de incentivo e actividades de grupo.

Formato

Experiencias privadas
Para empresas, organizacións e grupos que buscan unha actividade adaptada ás súas necesidades, datas e obxetivos.

Experiencias abertas
Programación puntual para público xeral, especialmente en temporada baixa e con reserva previa.

Camiñar. Observar. Descubrir

Cada experiencia é unha invitación a baixar o ritmo, prestar atención e deixar que Santiago conte algo que quizáis ainda no viramos..