Servizos turísticos en Galicia

Acompañamento cultural de grupos

Desenvolvo servizos culturais como guía oficial de turismo, colaborando con axencias de viaxes, turoperadores, empresas, institucións e organizadores de eventos en distintos contextos profesionais.

Traballo habitualmente en programas organizados, circuitos culturais, operativa de cruceiros e actividades vinculadas a congresos, viaxes de incentivo e encontros profesionais (MICE), adaptándome á operativa, os tempos e os obxetivos de cada cliente.

circuitos culturales

Circuitos culturais

e programas de varios días

Acompañamento en circuitos culturais, itinerarios de varios días e programas organizados, con coñecemento do territorio e adaptación a cada percorrido.​ 

guia turistica galicia grupos
barco

Operativa de cruceiros

excursións en destino

Servizos de guía para operativa de cruceiros e excursións en Galicia, coordinados con axencias, operadores e equipos responsables de cada grupo.

cruceros galicia

Santiago de Compostela e máis

Traballo en entornos naturais e sendeiros como marco para a reflexión, a cohesión de grupo e a conexión co territorio.

turoperadores

Coordinación

con axencias e profesionais

Servizos de guía oficial de turismo para axencias, turoperadores, empresas, institucións e organizadores de eventos, adaptados e personalizados.

¿Para quén traballo?

Colaboración habitual en distintos entornos profesionais:

Empresas, congresos e incentivos

Programas culturais integrados en eventos, encontros profesionais e viaxes de incentivo.

Axencias e turoperadores

Desenvolvemento de servizos para grupos organizados en programas nacionais e internacionais.

Institucións e organizacións

Actividades culturais vinculadas ó territorio e á programación institucional.

Centros educativos

Propostas adaptadas a distintos niveis formativos.

selene trillo guia oficial

Unha guía adaptada a cada proxecto

Experiencia profesional

Guía oficial habilitada en Galicia, con experiencia en grupos organizados, cruceiros e programas culturais.

Coñecemento do territorio

Especialización e coñecemento cercano de Galicia, con dispoñibilidade para itinerarios e programas en outros destinos.

Flexibilidade operativa

Adaptación a horarios, percorridos, tamaños de grupo, necesidades do cliente e coordinación con outros profesionais.

Idiomas de traballo

Servizos en galego, castelán, inglés e francés, con experiencia en grupos internacionais e contextos multiculturais.

idiomas

Dispoñibilidade e reservas

Se tes un grupo, circuito ou proxecto cultural en Galicia, cóntame a túa proposta.

Traballaremos o servizo en función das datas, o tipo de grupo e as necesidades deo programa.